A feira ExpOtaku A Coruña, ou II Salón del Manga de Galicia, abre hoxe e ata o domingo as súas portas no recinto Expocoruña (Avenida da Universidade s/n, 15008 A Coruña).
Entre as actividades previstas están tres exposicións relacionadas con socios e socias da AGPI, ademais doutra da ilustradora catalá Ninamo. Así, hai unha mostra de ilustracións de Manel Cráneo, outra de Pinturero e finalmente outra que serve de presentación do colectivo Miñoco, composto por Yago García, María Álvarez, Elena Valverde e Jorge Fernández; nesta ocasión, o tema que abordan estes catro ilustradores é o dos videoxogos, e como complemento á actividade van vender pósteres e postais en beneficio dos damnificados polo tsunami no Xapón.