Fito e Pita

Nos hacemos eco de una nota de prensa institucional:

FITO & PITA
é unha tira cómica dun tal Guitián sobre dous xubilados (veciños da nosa municipalidade) embarcados nunha espiral de augardente, festa rachada, drogaína, sexo na palleira, colesterol, vicio e vida disoluta. Estas tiras embrutecedoras (que nunca lería a xente de ben) veñen publicándose na revista galega Retranca e agora se recollen nun libro de alto contido explícito que desde aquí evitamos recomendar. Non obstante, se a vostede lle puidera interesar tan ignominiosa publicación, saiba que se pon á venda o 1 de Xuño en librarías e tendas de BD galegas, e por riba será presentado alén das nosas fronteiras (para bochorno da nosa Galeguidade) no vindeiro Saló del Cómic de Barcelona.

Sen outro particular, despídese atentamente

Xosé Lois Fandiño
Alcalde pedáneo de Matanzos

Compartir