A próxima semana celebraremos o III Encontro Galego de Ilustración; concretamente o día 28, último sábado de outubro, como de costume. Xan L. Domínguez e Fernando Agresta (director de arte da editorial Edelvives, entre outras cousas), impartirán sendas conferencias (de acceso libre) pola mañá, na Fundación Caixa Galicia, situada na Rúa do Vilar nº 17 de Santiago de Compostela. Despois terá lugar o xantar de confraternización e, pola tarde, a asamblea xeral.
Velaquí o programa do día e información sobre os convidados:
Programa do III Encontro:
Mañá
Actos de portas abertas
– 10:30: Benvida e entrega de documentación.
– 11:00: Proxección da montaxe audiovisual “Plantando libros”.
– 11:15: Presentación do presidente.
– 11:30: Andamios e andamiaxes. Conferencia de Xan López Domínguez.
– 12:45: Café rápido.
– 13:00: Ilustrar para nenos: entre a creatividade e as estratexias editoriais. Conferencia de Fernando Agresta.
Tarde
Actos para socios de AGPI
– 14:30: Fotomatón na Praza da Quintana.
– 15:00: Xantar de confraternización.
– 17:30: Asamblea xeral.
– 19:00: Despedida e peche.
Os convidados:
Fernando Agresta. (Buenos Aires, 1967)
Cursou estudos de deseño gráfico e ciencias da información na Universidade de Bos Aires, Dirección de Arte en la Asociación Argentina de Publicidad, e é master en marketing y dirección comercial por CESMA, Madrid. Actualmente cursa o Programa Integral de Desarrollo Directivo en ESIC, Madrid.
Comezou a súa carreira en estudos de deseño e axencias de publicidade en Arxentina. O seu último desempeño profesional naquel país foi o de Director Creativo en AB Grupo de Comunicación, onde desenrolou e xestionou campañas para importantes institucións gubernamentais. Hai sete años que reside en Madrid, en donde foi Director Creativo en “Amén Comunicación, agencia de publicidad de servicios plenos”.
Desde hai cinco años exerce como Director do Departamento Corporativo de Imaxe e Diseño do Grupo Editorial Luis Vives (Edelvives, Baula, Alhucema, Ibaizabal e Tambre) tendo o seu cargo toda a comunicación visual corporativa do Grupo, dos seus productos e de cada unha das súas editoriais. É profesor invitado no Máster en Edición que imparte a Universidade de Alcalá, na carreira de Artes Visuais e nos cursos de especialización do Instituto Europeo di Design.
Xan López Dominguez (Lugo, 1957)
Un dos buques insignia da ilustración galega, afincado dende hai varios anos en Madrid.
Licenciado en Historia del Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Xan López Domínguez traballa desde hai máis de 20 anos na ilustración de libros.
Ten publicados máis de cen libros nas máis importantes editoriais españolas e en varias extranxeiras. Actualmente compaxina a ilustración coa autoría de textos.
Entre outros premios recibiu a Placa da Bienal de Bratislava en 1991; foi seleccionado na Lista de Honra do IBBY en 1992 e para a Feira de Bolonia en 1990, 1991, 1992 e 1993. Premio UNICEF “Ilustrador do ano” en Bolonia, 1993.
Ten exposto orixinais en Tokio, Bolonia, Bratislava, Londres, Munich, Barcelona, Santiago, A Coruña, Ferrol, Lisboa…
Xan ademáis foi un dos socios fundadores da AGPI.