III Festival de Cans

chimpin Texto: Xurxo García.

O pasado fin de semana celebrouse o III Festival de Cans, e ali fumos Hugo Covelo, David Rubín e máis eu. Hai que confesar que pasamo-la tarde fuxindo do calor. Aínda encima, dous ibamos con curtas seleccionadas, pero as entradas agotáranse á semana de sair á venda (xa o sabedes si queredes ir a Cans), así que en solidariedade, tras un intento de entrar nun pase gratuito no jalpón friki (buff… trintaetantos grados e tellado de uralita) decidimos seguir fuxindo do calor, tomar algo e achegarnos á carpa onde había algunha actuación.

Ali ao lado saían os vehículos oficiais, os famosos chimpines, pero de momento non nos coincidía mais que velos subir polos camiños alá no quinto pino levando á xente para ve-las proxeccións (ostias, ali van!!) en algunha das viaxes entre a carpa e o noso campamento base, un bareto-tenda (e xa van quedando poucos) no que unha ronda con dous cubatas, dúas cervexas e unha boa ración de tortilla custaba 7 euros (¡¡¡!!!).

Cando o sol comenzou a dar tregua, comenzaban as curtas de animación, e localizamos un chimpín conseguindo entrar no alpendre da casa do Carreira, onde se proxectaban (esto comenzaba a parecerse peligrosamente a unha crónica de Hunter S. Thompson, moito periodismo gonzo, moita cervexa e todo eso, pero non víamos unha maldita curta)
jjmmm… As 6 curtas de animación seleccionadas gustáronnos, (cinco delas un pouco máis) .

Encerrados
Dirección: X. M. Domato, Irene Formoso, Diego Gómez, M. A. Janeiro
Unha historia tipo matrix de realidades paralelas de animación en 3d.

Ladróns de bonecas
Dirección e guión: Fernando Cortizo
Historia de animación en plastilina cun guión moi interesante.

O Señor dos Mosquis (O retorno da lei)
Dirección: David Rubín Guión: Beatriz Iso
Que levou o premio do público (non sei en que pensaba o xurado) (plas, plas, plas!!!).

Ladrons de cadáveres vs Klu-Klux-Klan
Dirección: Xurxo García, Guión e ilustración: Manel Cráneo
Para amantes do cómic e do gótico. Unha historia publicada en BD Banda.

Os dous lados da valla
Dirección: Diego Méndez
A gañadora do premio do xurado, mezcla con imaxe real e plastilina, tema de actualidade (a verxa marroquina), e formato documental con voces en off dos subsaharianos e estética de cámara oculta, (coa que apenas se veían os personaxes nin a propia animación).

Km 53
Dirección e guión: Nacho Abia
Que a min me pareceu unha historia moi Pixar con dous paxaros impertinentes e unha estrada no medio do deserto.

Pegas (por poñerlle unha a esta festa cojonuda do audiovisual indíxena): a mala sonoridade dos jalpóns.

Nota final: O agroglamour mola!

Compartir