Ilustración na Festa do Libro da Coruña

O programa da Festa do Libro, que organiza a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e mais a Agrupación de Libreiros da Coruña, contará con diversas actividades relacionadas co mundo da ilustración. Varias delas teñen que ver con socios e socias da AGPI.

Así, o domingo 15, ás 18:00 h, Pinturero presentará o volume Rapazas. Las pin-up de Pinturero (Dibbuks), no Kiosko Alfonso; e ás 19:00 h, Mariano Casas asinará exemplares das súas obras A historia xamais contada xamais contada e La mancha negra, no posto das Bibliotecas Municipais na feira da Festa.

O luns 16, ás 18:00 h, Macus Romero terá unha sesión de autógrafos do seu libro Cuentos clásicos para soñar (Editorial Molino), no posto das Bibliotecas Municipais, e ás 19:00 h, no Kiosko Alfonso, Alberto Guitián presentará El Circo Lorza (Ilarión Ediciones). No mesmo lugar, ás 20:00 h, presentarase tamén a Guía AGPI Ilustración 2011.

Compartir