-
Antonio Seijas
-
Galería -
Bio
-
Antonio Seijas , Ares, 1976.
Historiador da Arte, ilustrador, pintor e autor de banda deseñada.Publicou catro novelas gráficas: “Un hombre feliz”, gañadora do Certame Castelao e premio do público ao Mellor Guión no Saló del Cómic de Barcelona e tamén foi adaptada a formato radio-teatro pola Radio Nacional Eslovena; “Cartas de Inverno”, Premio Isaac Díaz Pardo ao Mellor Libro Ilustrado pola Asociación Galega de Editores “LA LUZ”, nominada a Mellor Obra Nacional en Expocómic e “ A CHAIRA”, galardoada co Premio á Mellor Libro de Banda Deseñada do ano na Gala do Libro Galego 2020.
Fai traballos de ilustración para literatura infantil e xuvenil, para revistas, xornais... leva feitas dúcias de portadas de libros, capas e libretos de discos para grupos como Marillion, Luar Na Lubre, etc Logos como os da Fundación de David Lynch e ilustracións para series como “La que se avecina”.
Diversas exposicións de pintura e ilustración: Ramses by Philippe Stark , Madrid; Galería Sargadelos Ferrol, Sala de Exposicións de San Martín Pinario en Compostela, etc.
Comisariou a exposición do 30º Aniversario de Luar Na Lubre para os que tamén realizou as sesión de fotos oficiais.No 2019 publicou a súa primeira novela xuvenil “O Soño da Serpe” en Galaxia editorial.
Gañador do XXXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense coa súa primeira obra neste xénero: “Teorías do fin”, publicada en 2022 por Aira Editorial.
AGPI - Asociación Galega de Profesionais da IlustraciónIlustradores/as