• Martín Romero


  • Galería
  • http://www.martinromero.es
  • Bio

  • Martín Romero(Boiro, 1981) é ilustrador, autor de cómics e director de animación. Combina ditas disciplinas para desarroiar os máis diversos proxectos. Como ilustrador traballa en diferentes ámbitos como o editorial, onde ilustrou libros para editoriais como Xerais, A buen paso, Combel ou Le Rouergue (Francia); o musical, o de prensa, realizando ilustracións para El País, Rolling Stone, Vice ou Time Out NY; o da publicidade ou o textil. Como autor de cómics publicou varios libros como Las Fabulosas Crónicas del Ratón Taciturno (2011), Episodios Lunares (2014) ou La Deuda (2017), todos eles traducidos ao frances. O seu traballo foi recoñecido con diferentes premios entre os que cabe destacar o premio Injuve de Cómic no 2007, a beca Alhóndiga Bilbao 2009 ou o Premio Castelao de Banda deseñada 2019 na modalidade infantil, grazas ao cal publicará o seu primer cómic para nenos.
    No 2019 estreou a súa primeira curtametraxe de animación, La noche, basada nun dos seus cómics.