• Datos do ilustrador


  • Ver proxectos
  • Lara
  • Torres
  • Información de contacto

  • http://www.laratorres.es
  • Acerca de

  • Lara Torres, rianxeira de nacimiento, afincada en Santiago de Compostela.

    Técnico Superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso de A Coruña e Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
    Desde sempre enfoquei os meus estudos cara as ensinanzas artísticas intentando facer da miña pasión a miña profesión. Desde pequeniña debuxaba e debuxaba por todas partes incluso nas paredes da casa que por sorte meus pais deixábanme facelo nalgunhas partes e eu encantada.
    En ningún momento abandonei a experimentación en canto a técnicas e maneiras de aplicar a pintura. Gústame seguir aprendendo cada día.
    Adoito traballar con técnicas tradicionais pero sempre deixo lugar ás técnicas dixitais cas que tamén me sinto moi cómoda.

    Parto dunha formación pictórica realista pero sempre me interesou o mundo da ilustración, sobre todo a ilustración infantil-xuvenil. Continúo explorando ambas facetas que dalgunha maneira se complementan no meu traballo.

    Recentemente fixen a miña incursión no mundo da arte mural e teño que confesar que me encanta. Enfrentarme a formatos de proporcións moi superiores aos do meu día a día faime sair da miña rutina e divertirme como una nena.
    Gracias á pintura realista aprendín a dominar espazos, volumes, formas e matices.

    Podería decirse que os rasgos distintivos do meu traballo son as cores vivas e as liñas orgánicas que transmiten vitalidade e fluidez.