O noso socio Martín Romero vén de gañar o premio concedido pola AlhóndigaBilbao, consistente nunha bolsa para o desenvolvemento dun proxecto de BD durante un ano na prestixiosa Maison des Auteurs de Angulema (Francia).
A bolsa está dotada con aloxamento nun apartamento individual até un máximo de doce meses, acceso ao equipamento e a todos os servizos de La Maison des Auteurs, e 1.000 euros mensuais até un máximo dun ano. Alén diso, AlhóndigaBilbao, pola súa conta ou en colaboración cunha editorial especializada, estudará a posibilidade de publicar o proxecto no ano seguinte da finalización da bolsa.
O xurado desta edición do premio estivo presidido por Paco Roca, Premio Nacional de Cómic 2008, e conformado por Álvaro Pons, Juan Manuel Díaz de Guereñu, Paco Camarasa, José Ibarrola e Antonio Altarriba.
Os nosos parabéns para Martín por este importante premio!