Miguelanxo Prado, académico da Galega de Belas Artes

A Real
Academia Galega das Belas Artes
Nosa Señora do Rosario acaba de
nomear a Miguelanxo Prado membro de número, por proposta do fotógrafo
Xurxo Lobato, o arqueólogo Felipe Senén e o arquitecto José Ramón
Soraluce, dentro da apertura a novas facetas da creación da institución
académica. Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958), director de Viñetas desde
o Atlántico, formará parte da sección de Artes da Imaxe.
Desde a AGPI felicitamos a Miguelanxo por este extraordinario
recoñecemento, que indubidablemente merece, e estamos seguros de que desde a súa
nova posición como académico seguirá a defender e traballar polo mellor
recoñecemento do cómic e a ilustración.
Podedes ler unha entrevista a este respecto aquí

Compartir