Mostra de Siro López sobre Valle-Inclán

O vindeiro día 8 de outubro, ás oito do serán, na sede da Fundación Granell, inaugurarase a mostra de Siro López Valle-Inclán : retratos caricaturas e visións, que permanecerá aberta ata o vindeiro día 8 de novembro. Tratase dunha mostra monográfica de caricatura de Valle Inclán realizada polo artista galego Siro, que fai parte do ciclo de actividades dedicadas ó insigne escritor pola Fundación Granell.

A exposición que se poderá ver na Fundación Granell ata o vindeiro 8 de novembro, esta composta por 38 pezas, entre retratos, caricaturas re visións, coas que ó artista plástico tenta achegarse á figura de Valle-inclán.
Siro, leva feito mais dun cento de retratos, caricaturas e visións de Don Ramón María del Valle Inclán, ofrecéndose nesta mostra unha escola variada deste inxente traballo que non remata, xa que a personaxe de Valle, como persoa e como creador, exerce un engado tal no autor, que nas súas palabras, fai que sigue procuralo en cada mancha, en cada liña.
Complementando a sua exposición, o día 22 Siro Lopez dará unha conferencia sobre o tema “Ilustración e literatura con Valle Inclán como modelo.

Compartir