Novo libro ilustrado por Carmen Ferrín

Xa está á venda o libro Os amores de Bruno -do autor Antón Cortizas Amado-, ilustrado pola nosa socia Carmen Ferrín. É un libro de Planeta & Oxford, pertencente á colección Camaleón Laranxa (a partir de 9 anos).
Trátase dun conto de aventuras e realidade social, no que se fala de amizade, discriminación, soños, problemas… dende a visión do protagonista, un neno chamado Bruno.

As ilustracións transmiten mediante a cor verde e as texturas, a expresividade das historias, nas que só queda a esperanza dos humanos do futuro, que son os nen@s do presente.

Compartir