O noso socio Anxo Fariña ven de publicar un novo libro no que asina tanto o texto como as ilustracións. O título é: A MONSTROESCOLA. Que veñen os monstros! Un libro indicado para rapaces de 8 a 100 anos no que as risas están garantidas. Impreso a 4 cores e unha chea de debuxos de monstros, que máis se pode pedir.
O libro conta a historia da vila de Quintopiñeiro na que só hai dous nenos, e por iso a súa escola está en perigo. Se non atopan máis alumnos antes do venres pecharán a escola para sempre. Un acontecemento inesperado avisará da chegada de máis nenos. Mais… como serán?
Máis información no seu blog