Presentación da AGPI no Viñetas

Onte, como estaba previsto, AGPI presentou ao público presente no festival da BD da Coruña, Viñetas desde o Atlántico, os seus próximos proxectos, así como o último número do seu boletín, Agpirina.

No acto interviñeron os membros da directiva Javi Montes e Manel Cráneo, que, entre outros temas, falaron do VI Encontro Galego de Ilustración, previsto para outubro. Nesta edición, o Encontro estará precisamente centrado no mundo do cómic, coa presenza confirmada de Max e Horacio Altuna como convidados.

Compartir