Presentacións BD e Ilustración na FNAC

A cadena multinacional FNAC abre as súas portas cunha axenda completísima de actos para o seu primeiro mes de apertura. A Cadena de capital francés pretende continuar coa súa tónica habitual de ofrecer un acto diferente cada día. Adiantamos as datas de referencia ou interese para o noso sector dentro deste mes inaugural.

MÉRCORES 27 XUÑO ás 20:00 horas
Presentación de DE PROFUNDIS, a BSO e o DVD.
Coa presenza de Miguelanxo Prado e Nani García.

SÁBADO 30 XUÑO ás 12:00 horas
Clube de lectura “A VERDADERA HISTORA DE CARAPUCHIÑA” coa presenza do ilustrador Marc Taeger.

XÓVES 5 XULLO ás 20:30 horas
Presentación do Colectivo Polaquia coa presenza de Emma Ríos, David Rubín e Kike Benlloch.

XOVES 19 XULLO ás 20:00 horas
Presentación de AGPI coa presenza de Manel Cráneo, Santy Gutiérrez e Javi Montes.

LUNS 23 DE XULLO ás 19.00 horas
Semana Galega de Cine, proxección da longametraxe DE PROFUNDIS de Miguelanxo Prado e Nani García.

Ademáis distes haberá outros actos ó logo do mes coa presenza de músicos e escritores como Marky Ramone (Ramones), Jacobo Paz, Manolo Rivas, Moon Cresta,Jaime Urrutia, etc.

Compartir