A Editorial Galaxia abre con Nómades, de Xosé Tomás, unha liña de novela gráfica. O libro, en palabras do autor, «achega unha visión da emigración a través de historias de mulleres», e nel que investiu dous anos de documentación.
Nómades será presentado este mércores, 19 de outubro, ás 20:00, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela (avenida de Xoán XXIII s/n, 15704 Santiago de Compostela), coa presenza do autor, do editor Francisco Castro e mais do director de cinema Jorge Coira.