AGPI - Asociación Galega de Profesionais da IlustraciónProxectosEditorial/Prensaatravés das capasLembranças da Terra & outras histórias de um futuro possível, Ângelo Brea. Através Editora 2014

Andrea López
Autónoma precaria en busca de proxectos. Nai de dous. Cando consigo neutralizar as obrigas diarias afánome en medrar como ilustradora. Impaciente pero minuciosa. Traballei moitos anos como maquetadora e son aprendiz eterna dos misterios do deseño gráfico. Confésome indolente con ventos favorabeis pero dilixente en condicións adversas. Gustaríame ter máis tempo para traballar, ler ou ir ao cinema pero o tempo é ouro e eu son pobre, en tempo e en ouro. Por último, tamén son unha habitante do sur, agradecida pero circunstancial, e busco o camiño que me devolva a casa. Rumbo noroeste.