Descrición do proxecto:
A Unión Astronómica Internacional (UAI) é a entidade encargada de dotar ás estrelas de nome, oficialmente esta entidade posúe unha listaxe de 448 estrelas con nome.
Algunha delas teñen nomes tan estraños como HD 83443 e outras fan referencia á mitoloxía, historia ou as ciencias.
Pero algunhas delas posúen nomes moi fermosos, e foi os seus nomes as que me inspiraron para crear estas 25 cartas de Tarot.
Para elaborar esta ilustración decánteme pola cor escura, para o ceo nocturno, e o dourado para a protagonista e os detalles. Pero o máis chamativo é o marco, onde debuxei as 88 constelacións que hai no firmamento.
A primeira carta é Adhara.
Unha estrela pertencente á constelación Canis Major. O seu nome provén da palabra árabe “aðā ra” e significa “flor de azar”, flor que representa a pureza. Por iso é polo que a represente como unha rapaza, co pelo solto, suxeitando unha flor de azar na súa man.
#campusstellae #estrela #UAI #constelacions #ilustracions #album #vector #inkscape #dourado #oscuro #tarot #25 #adhara #azahar #canismajor
Autor: romipedri
Categorías: Deseño de personaxes ,