
Idoia De Luxán Vázquez
Ilustradora & deseñadora senior multi disciplinar e freelance.
Especializada no entorno editorial, ilustración, banda deseñada, dirección creativa, deseño gráfico e publicidade.
Como ilustradora, participou en proxectos diversos de banda deseñada, exposicións, ilustración editorial, deseño de carteis, humor gráfico...
Dende hai anos, imparte obradoiros sobre "artivismo" e viñetas por todo o territorio galego.
No ano 2019, a súa memoria de traballo e traxectoria resultaron escollidos pola Secretaría Xeral de Igualdade para ser beneficiaria do programa EMEGA Emprende.