Descrición do proxecto:
Deica! Creacións é un proxecto de obra gráfica e complementos arredor da cultura galega que nace en 2013, co que Iria Ribadomar trata de sintetizar, a través da ilustración, a nosa identidade xerando nova iconografía que favoreza súa difusión.
Estas ilustracións con elementos relacionados coa música tradicional e o folclore, a natureza, a arquitectura e o traballo… materialízase en forma de láminas e lenzos, complementos de xoiería (colgantes, pendentes, aneis, pulseiras broches ou chaveiros) e outros formatos coma camisolas, bandeiras e libros para pintar. Poden atoparse na súa “Tenda Online” . Para estar ao tanto do día a día do proxecto poden seguirse as súas redes instagram · facebook · twitter .
Autor: Iria Ribadomar
Categorías: Deseño de personaxes , Merchandising Produto , Moda/Textil ,