Campus Stellae – Errai

Descrición do proxecto:

A décimo terceira carta é Errai.  

É unha estrela pertencente á constelación de Cefeo, a segunda máis brillante. O seu nome provén do árabe (ar- rā‘īe) que significa “o pastor”.  

Esta carta dedícolla a ese compañeiro infatigable de aventuras que son os cans. Desde os inicios da humanidade, o can foi noso máis leal compañeiro; pois sabe cando estamos ben ou non, fainos compañía cando estamos sós, deféndenos ante ameazas e demóstranos unha e outra vez o moito que nos quere. 

#campusstellae #estrela #UAI #constelacions #ilustracions #album #vector #inkscape #dourado #oscuro #tarot #25 #errai #pastor #cefeo #can  


Autor: romipedri
Categorías: Deseño de personaxes ,


Compartir