Invitacións – Bautizo e Comuñóns.

Descrición do proxecto:

Seguimos comentando invitacións, agora tócalle a quenda ás Invitacións para Bautizo e Comuñóns.  

  • As invitacións para os bautizos adoitan ser moi sinxelas, o exemplo que puxen ten o deseño dun anxo, que é o deseño máis usado neste tipo de celebracións, aínda que moitos pais e nais han optan por poñer unha foto do infante.  

Tanto coma se engades unha foto do infante como un anxo, a invitación debe incluír o seguinte: nome do infante, nome e apelidos dos padriños e data.  

E sobre todo debe indicar, separados, nome da Iglesia, localización, hora…e nome do restaurante, localización e hora.   

  • As invitacións para as Comuñóns poden ser moi orixinais e divertidas, persoalmente a min gústanme que sexan rechamantes e teñan unha versión animada dos protagonistas nela.  

Como nestes dous exemplos que realice, correspondentes a unha nena e un neno, onde a súa versión en debuxo é o gran protagonista.  

Sen esquecer está claro, destacar o nome da persoa e información relevante como data, hora, lugar do evento e número de contacto para confirmar asistencia. 

#invitacions #bautizo #comuñons #deseño #vector #inkscape


Autor: romipedri
Categorías: Merchandising Produto ,


Compartir