Invitacións – Festas

Descrición do proxecto:

Pechamos con Invitacións para Festas.  

Festas ao ano hai moitas, pero neste apartado, só puxen unhas poucas celebracións como exemplo.  

  • 1º exemplo: Halloween, esta festa veu para quedar. E son moitas os pubs, as salas de festa e discoteca que aproveitan esta festa para celebrar concursos de disfraces.  
  • 2º exemplo: Fin de Ano, co paso dos anos esta data pasou de celebrarse en familia a pasala cos amigos ou noutro tipo de lugares como salas de festa ou hoteis.  
  • 3º exemplo: Entroido, tres días de festa xa sexa nas rúas, nos pubs, salas de festa ou en casa dalgún amigo. Tres días de disfraces e risas.  
  • 4º exemplo: Baby Shower, outra celebración estranxeira que veu para quedar. Normalmente este evento adoita ser moi íntimo, sendo o momento onde a futura mamá recibe por parte dos seus achegados agasallos para o bebé.  
  • 5º exemplo: Graduación, despois de tantos anos de estudos e esforzos toca o momento de relaxarse e celebrar cos teus amigos e compañeiros de clase. Normalmente este tipo de celebracións adóitanse organizar no centro educativo.  

Sexa como sexa a invitación e o motivo, sempre deben ter o máis básico: data, hora, localización e número de contacto para confirmar asistencia. 

#invitacions #festas #halloween #samain #aninovo #entroido #graduacion #babyshower #deseño #vector #inkscape


Autor: romipedri
Categorías: Merchandising Produto ,


Compartir