Descrición do proxecto:
Centrámonos agora nas Invitacións de Voda, do mesmo xeito que as invitacións para comuñóns gústame engadirlle versións animadas dos contraentes, creo que así lle engade un estilo máis informal e non tan solemne.
- Nos tres exemplos que mostro, podedes ver como a figura dos contraentes deben ser o que máis destaca da invitación xunto cos nomes e a data.
Os datos como hora, localización e número de contacto para confirmar asistencia aparecen máis resumidos.
- Engado a esta colección unha celebración especial: as Vodas de Ouro.
Este tipo de invitación adoita ser máis seria, e menos animada, este exemplo que eu fixen está baseado no Art Deco con detalles dourados para indicar que se celebran nin máis nin menos que 50 anos de casado. Eu engadinlle dous aneis, pero poden engadirse outras cousas como fotos dos contraentes.
E como podedes ver ten o fundamental, nome dos contraentes, data, hora, localización e número de contacto para confirmar asistencia.
Tamén se poden realizar Invitacións para as Vodas de Prata e Platino.
#invitacions #vodas #vodasdeprata #vodasdeouro #vodasdeplatino #deseño #vector #inkscape
Autor: romipedri
Categorías: Merchandising Produto ,