Uxío Broullón (ictioscopio)
Estudou na Escuela de Arte n.º 10 de Madrid. Traballa principalmente como deseñador gráfico, e como ilustrador fixo traballos sobre todo de ilustración publicitaria e cartelería. Tamén fixo ilustracións para o diario dixital Vieiros, e para algunhas montaxes audiovisuais. Durante un tempo, no seu blog fixo humor gráfico baixo o lema Vida Carbón.
Obras destacadas
Festa das Utopías (cartel), Culturactiva/Concello da Coruña, 2016-2017
O mandril nas ondas, de Xermán Viluba (portada), autoedición, 2008
Ilustracións para o xornal Vieiros.com, 2006-2009
Cartel de promoción do asociacionismo profesional, AGPI, 2006
Premios
Cartel do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, 2011