Abril dos Libros 08

Un ano máis, o Concello de Pontevedra pon en marcha o programa “Abril dos Libros”, onde adica trinta días a actividades, concertos e obradoiros diversos.
Como ven sendo habitual, a imaxe da campaña recae nun ilustrador, e en este caso, foi o noso socio Alberto García Ariza o encargado de facer a ilustración coa que se farán diversas aplicacións.

Se estades interesados en ver o proceso de elaboración de dita ilustración, tedes máis información no blogue do autor.

Compartir