Skip to content
AGPI – Asociación Galega de Profesionais da Ilustración
Menu
  • Coñécenos
  • Recursos
  • Portafolios
  • Asóciate
  • Actividades
    • Día da Ilustración
    • 15 Encontro Galego de Ilustración
    • 16 Encontro Galego de Ilustración
    • 17 Encontro Galego de Ilustración
  • Contacto
  • Acceso socios/as

CEREMONIA_FUNEBRE_ITH

AGPI - Asociación Galega de Profesionais da IlustraciónProxectosEditorial/PrensaLuar Na LubreCEREMONIA_FUNEBRE_ITH

CEREMONIA_FUNEBRE_ITH

Posted on 25 Abril, 201825 Abril, 2018 by Estefanía Domínguez Cagigao

Estefanía Domínguez Cagigao

Vivo nunha das históricas nacións celtas ao noroeste da Península Ibérica, nunha cidade bañada polo océano Atlántico e iluminada pola milenaria Torre de Hércules.

Licencieime en Deseño Aplicado ao Libro (deseño gráfico, ilustración e fotografía) na “Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso” da Coruña, en 1995.

Recibín varios premios de debuxo: 1º Premio da Coruña no Certame de Debuxo Infantil sobre Seguridade Vial (1982), 1º Premio no Certame de Felicitacións de Nadal da Asociación Xuvenil Xacarandaina (1991), 3º e 1º Premio no Certame Galego de Artes Plásticas da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia (1992 e 1996).

Fixen varias exposicións: colectivas na Asociación de Artistas da Coruña, a Casa da Cultura de Carballo e a Biblioteca Miguel González Garcés (entre 1995 e 2003), e individuais na Biblioteca do Concello de Cambre, o Ateneo Santa Cecilia de Marín, a Casa da Cultura de Arteixo e a Asociación de Artistas da Coruña (entre 1997 e 2007).

Nos últimos anos ilustrei pergamiños conmemorativos e honoríficos para organismos oficiais como a Deputación da Coruña e entidades privadas como a Fundación Fernández Latorre.

Deseñei o arte (portadas, libretos e “merchandising”) de varios traballos do grupo de folk galego Luar Na Lubre: Solsticio (Warner 2010), Mar Maior (Warner 2012), Sons da lubre nas noites de Luar (Warner 2012), Torre de Breoghan (colaboración con varios artistas - Warner 2014) e Extra Mundi (Warner 2015), así coma o logotipo para o 30º Aniversario do grupo en 2016.

Debuxo e pinto con acuarelas, lapis de cores, grafito, óleo e técnica dixital, e fago fotografía de natureza e fantasía.

A miña principal fonte de inspiración son as fragas cubertas de carriza, de carballos e castiñeiros centenarios, polas que adoro camiñar, ademáis do patrimonio e mitoloxía galega, prehistórica, castrexa, celta e medieval.

Apoio a organizacións defensoras do patrimonio e a natureza, dos dereitos animais e vivo con catro gatos rescatados da rúa.

Na actualidade traballo en varios proxectos persoais de ilustración e fotografía.
Se desexas coñecer máis sobre mín, visita o meu blogue www.estefaniadominguezcagigao.blog ou redes sociais.

Suscríbete ao noso boletín
Síguenos en
Copyright © 2021 AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración – OnePress theme by FameThemes

Se continúas usando este sitio, aceptas o uso de cookies. Máis información

O uso de cookies neste sitio está configurado como «permitir cookies» para proporcionarche a mellor experiencia de navegación. Se continúas a usar este sitio sen mudar a túa configuración de cookies ou fas clic no botón «Aceptar», estás consentindo isto.

Pechar