AGPI - Asociación Galega de Profesionais da IlustraciónEditorial/PrensaMorecambe Bay 24/02/2004Carlos_Gallego_portfolio_illustration_morecambebay09
![Fotografía de avatar](https://agpi.es/wp-content/uploads/2024/10/carlos-gallego-retrato-2-300x300.jpg)
Carlos Gallego Domínguez
Técnicas tradicionais e procesos dixitais combinados en ilustracións con moito mimo.
Comecei a miña formación artística no IES Adormideras da Coruña cursando o Bacharelato de Artes, logo estudei Deseño na Universidade Complutense de Madrid e especialiceime en ilustración na Escola de Arte de Mánchester. Agora mesmo traballo como freelance en distintos encargos de ilustración editorial e publicitarios á vez doutros proxectos persoais. Dende 2024 tamén son profesor de "Debuxo e Cor" e "Expresión Volumétrica" na Escola de Deseño AulaD en Vigo.
Teño traballado con Anaya Educación, Edicións Xerais, Acampa e a Cadena Ser, a parte doutros encargos a particulares.
https://carlosgallegodominguez.com/