
Andrea López
Autónoma precaria en busca de proxectos. Nai de dous. Cando consigo neutralizar as obrigas diarias afánome en medrar como ilustradora. Impaciente pero minuciosa. Traballei moitos anos como maquetadora e son aprendiz eterna dos misterios do deseño gráfico. Confésome indolente con ventos favorabeis pero dilixente en condicións adversas. Gustaríame ter máis tempo para traballar, ler ou ir ao cinema pero o tempo é ouro e eu son pobre, en tempo e en ouro. Por último, tamén son unha habitante do sur, agradecida pero circunstancial, e busco o camiño que me devolva a casa. Rumbo noroeste.