NO APOIO ESTÁ A LIBERDADE

Descrición do proxecto:

Mural enmarcado dentro do Proxecto Violenciazero da Deputación de Pontevedra. (Catoira, Pontevedra)

A violencia de xénero é unha lacra que hai que erradicar.
Nesta obra o que se pretende destacar é a importancia do apoio que esa muller necesita recibir. A importancia de que se sinta apoiada e protexida polo seu entorno máis próximo e non ter medo de romper esa roda que a esclaviza e mortifica. Ademáis, cando hai fillos de por medio a situación vólvese máis complexa e teñen moitísimos máis obstáculos que superar para por fin poder liberarse. O apoio da familia, dos amigos, o entorno enteiro ten que axudar.
O tótem é un símbolo tribal ao que se lle asignan conceptos como son unidade e apoio.
Adoitan culminar cunha figura alada como símbolo de expansión e neste caso, liberdade.


Autor: Lara Torres
Categorías: Deseño de personaxes , Infantil/Xuvenil , Mural/Grafiti ,


Compartir