
Bea Lema
Formada como deseñadora de produto, comeza a súa traxectoria profesional en 2010 traballando para a firma de cerámica Sargadelos. En 2013 participa na creación do proxecto Lelédacuca onde realiza obxectos que mesturan o deseño contemporáneo coa artesanía tradicional. Posteriormente, segue a desenrolar o seu traballo de forma independente, realizando proxectos para o Certame Coreográfico de Madrid, O Salto Galiza, Fuera de Margen, Unitaria, Nave 1839, Bibliotecas Municipais da Coruña, Consello Galego de Cooperativas, Cidade da Cultura de Galicia ou o Concello de Santiago de Compostela.
No ano 2017 gaña o XII premio Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña coa obra O Corpo de Cristo, a súa primeira novela gráfica onde aborda as patoloxías mentais desde o punto de vista infantil.