«Unha ollada natural», de Calros Silvar, no Xardín Botánico Ría do Burgo

A exposición «Unha ollada natural», do ilustrador Calros Silvar, será inaugurada este xoves 2 de decembro, ás 20:30 h, na
Aula de Natureza Juan Lembeye do Xardín Botánico Ría do Burgo (Culleredo, A Coruña), onde estará ata o 31 de decembro de 2010. No acto de
inauguración intervirán Celestino Poza, concelleiro de Cultura de Culleredo; Carlos
Pereira Martínez,
historiador; e o propio Calros Silvar.

«Unha ollada natural» é unha colección de trinta láminas orixinais
empregadas na elaboración de guías da natureza para Baía Edicións, así como outras
publicadas con editoras como A Nosa Terra ou Siruela, acompañadas por unha
escolma dos cadernos de campo do autor.

Compartir