PROGRAMACIÓN


VENRES 20 DE OUTUBRO

Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, rúa de García Barbón, 5. Vigo


16:30 | Charla XX aniversario de AGPI

Coa nosa presidenta LAURA ROMERO

 18:00 | “Aquí hai dragóns”

Charla de TOMÁS HIJO


SÁBADO 21 DE OUTUBRO

Salón de actos de La Casa del Libro de Vigo, rúa Velázquez Moreno, 27. Vigo

Xornada presentada por NEVES RODRÍGUEZ


10:30 | Presentación

Por parte da presidenta LAURA ROMERO

10:35 | Faladoiro e homenaxe aos socios de honra

Charla con JOSÉ LUIS CARREIRA

12:30 | Mesa redonda “Arte urbanA. Charla de mulleres muralistas”

Moderado por EVA AGRA, con DIANA RODEIRO (NANA),
LULA GOCE e XOANA ALMAR


20 Encontro Galego de Ilustración


Tras retomar o formato presencial o ano pasado, AGPI organiza o XX Encontro Galego de Ilustración por primeira vez na cidade de Vigo.

A AGPI traslada por primeira vez o seu evento anual á cidade olívica. Se xa o ano pasado retomou o formato presencial, superadas xa as restricións da pandemia, neste vixésima edición optouse por buscar novos espazos e lugares como a zona das Rías Baixas. Deste xeito, ademáis de servir como punto de encontro entre xs socixs de AGPI, queremos tamén contactar con nova xente e dar a coñecer a nosa asociación.

Este Encontro dividirase en dúas xornadas na que teremos diferentes charlas e mesas redondas da man de xente tan salientable como o gran Tomás Hijo (autor da imaxe do cartel), que nos vai dar unha interesantísima charla o venres 20 ou Lula Goce, que xunto a Eva Agra como moderadora, Xoana Almar e Diana Rodeiro (Nana) participará nunha charla sobre as mulleres na arte urbana o sábado 21.

Este ano AGPI celebra os vinte anos da súa refundación e por ese motivo falaremos da súa traxectoria nestas dúas décadas e faremos homenaxe aos socios de honra coa charla de José Luis Carreira, que nos falará da súa traxectoria como docente de ilustración.

O Encontro celebrarase en dous lugares diferentes da cidade de Vigo: A Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e La Casa del Libro.

Charlas


VENRES 20 DE OUTUBRO
Escola Municipal de Artes e Oficios


16:30
| Charla XX aniversario AGPI 

Percorrido da Asociación nestes vinte anos de traxectoria a través da xente que particupou nestes vinte anos. Falarase dos proxectos pasados e actuais de AGPI e sobre o movemento asociativo.

18:00 | “Aquí hai dragóns”

Por Tomás Hijo

A charla fai un percorrido pola traxectoria profesional do artista, falando tanto da súa traxectoria, procesos de traballo como sobre a propia profesión de ilustrador.


SÁBADO 21 DE OUTUBRO

Casa del Libro


10:35 | Faladoiro e homenaxe aos socios de honra

Con José Luis Carreira

José Luis Carreira, socio de honra de AGPI dende 2022, acude a dar a charla que non puido dar o ano pasado. Docente xubilado de ilustración, falará da súa traxectoria docente e da súa experiencia como profesor de ilustración, animación e de moitas cousas máis.

12:30 | Mesa redonda “Arte urbanA. Charla de mulleres muralistas”

Moderado por Eva Agra e ca participación de Lula Goce, Xoana Almar e Nana (Diana Rodeiro), tratarán sobre o papel das mulleres artistas na arte urbana do século XXI. A arte urbana galega ten bosreferentes femininos, como as nosas invitadas ou outros nomes como Lidia Cao, que levan a súa arte a diferentes espazos en diferentes lugares do mundo, A arte urbana é unha das manifestacións artísticas con máis presencia nos nosos días, presente nas rúas tanto de Europa, África ou Oceanía, unha arte universal que traspasa as barreiras culturais.

Participantes


Tomás Hijo

tomashijoart.bigcartel.com

Tomás Sánchez Hernández
(1974) Doutor en Comunicación e profesor da Facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca. Con máis de sesenta libros ilustrados nas súas costas en editoriais coma Planeta, Anaya, SM, etc. En 2014 engade obra gráfica ao seu repertorio. Esta obra gañando o Best Artwork 2016 da British Tolkien Society e está constantemente presente en galerías de Estados Unidos e Reino Unido.

Lula Goce

lulagoce.com

Lula Goce naceu en Baiona e medra entre o aire salobre, a morriña, o percebe e a chuvieira. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca. A súa obra artística estivo sempre ligada á arte urbana, tendendo a afondar no íntimo desde o público, en accións solitarias vinculadas á natureza. Pintou en festivais de arte urbana como Urbanity e Rebobinart en Barcelona, ​​​​Urban Fair de París, Waterford Urban Festival en Irlanda, ​​​​entre outros.

.

José Luis Carreira

José Luis Carreira (1961) Licenciado en Filoloxía pola USC, foi profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Mixto de Sarria, de Debuxo Artístico (CFS de Ilustración) na Escola de Arte de Ourense e  de Procesos e Medios de Comunicación en Imaxe e Son. Tamén impartiu cursos De Narrativa Gráfica e secuencial, Storyboads e Guión Audiovisual ademáis de traballar como debuxante de storyboads en productoras como CTV. A súa ocupación actual, según as súas propias palabras, é como xubilado por obsolescencia e como subscritor a Netflix, Prime, HBO, Filmin e Apple TV.

Eva Agra

komorevi.art

Eva Agra, Komorevi en redes e no 2015 fundou xunto a outras compañeiras do eido artístico e cultural 7H Cooperativa Cultural, unha empresa de economía social onde medrou como profesional e desenvolveu ao longo deses 8 a súa actual filosofía de traballo: un forte compromiso coa comunidade, a igualdade e a responsabilidade social mediante o uso da expresión artística.
A súa obra pode verse en numerosas paredes por toda Galicia.

Xoana Almar

cestola.org

Xoana Almar Xoana Almar formouse como ilustradora, economista e antropóloga. Estudou en Granada e é alí onde comezou a traballar no eido da pintura en 2008. En 2013 regresa a Galicia e forma, xunto con Miguel Peralta e Raquel Doallo, a cooperativa Cestola na Cachola, onde traballa como muralista, pintora e ilustradora. A través dos seus personaxes, maioritariamente femininos, destaca a procura de formas sinxelas coas que tenta expresar unha personalidade ou unha historia de vida.

Diana Rodeiro (Nana)

nanaart.es

Diana Rodeiro, nada en Ordes, forma parte de 7H Cooperativa Cultural. Ilustradora e muralista, estudiou Xoiería Artística na ESAD Mestre Mateo e ilustración na ESAD Pablo Picasso. Ao longo destes anos participou en diferentes exposicións e festivais de graffiti e arte urbana como o MAD Poster Art de Madrid, o Sanfest de Guadalaxara, o Festival Internacional Desórdenes Creativos de Ordes, ou Derribando murais con Pintura en Carballo ou o Compostela Skate, entre outros.

Neves Rodríguez

wikipedia.org/wiki/Neves_Rodríguez

Actriz e presentadora, ten participado en diversas series de televisión e en obras de teatro como Invisibles (Redrum Teatro, 2018). Obtivo o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora en 2018 polo seu traballo no programa Vaia troula!
Entre 2014 e 2018 conduciu o programa radiofónico Metrópoles delirantes, dedicado á banda deseñada.

Equipo técnico: Sergio Covelo, Augusto Metztli,  Laura Romero e Bruno Elerre
Redes sociais: Augusto Metztli
Deseño gráfico: Iago Araujo
Ilustración do cartel: Tomás Hijo