QUEN PODE ASOCIARSE?

Poden formar parte da AGPI todos os creadores visuais galegos ou residentes en Galicia que se dedican

profesionalmente á ilustración en calquera das súas áreas: libro, libro de texto, BD, publicidade, prensa, humor gráfico, produto ilustrado, animación, multimedia, videoxogo, infografía, cartelismo, ‘packaging’, gravado e estampación, caricatura, muralismo, téxtil, ‘storyboard’, ‘concept art’, ilustración científica, ‘merchandising’ etcétera.

CANTO CUSTA ASOCIARSE?

A cota trimestral de socio é de 36 €. Os novos socios pagan unha cota reducida (27 € ao trimestre) durante o primeiro ano, para facilitar a integración dos estudantes de ilustración e os profesionais noveis no ámbito profesional e asociativo.

ESTATUTOS DA AGPI

Descargar Estatutos

COMO DARSE DE ALTA NA AGPI?

Alta na asociación
Descarga a ficha de inscrición e domiciliación bancaria, cúbrea cos teus datos, imprímea, asínaa e envíaa por correo postal ao seguinte enderezo:

AGPI, Apartado 799, 15080 A Coruña

Se ademais de en formato físico nos envías a ficha tamén por correo electrónico (correo[arroba]agpi.es), podemos ir activando o teu proceso de alta.

Alta na web
(O perfil activarase unha vez recibamos a túa ficha de inscrición por correo)