A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración agrupa desde o ano 2000 ilustradores e ilustradoras comprometidos na defensa común dos seus dereitos e intereses profesionais. Actualmente AGPI aglutina máis de 134 ilustradores e ilustradoras de distintas xeracións e de todas as áreas da creación visual aplicada.
AGPI forma parte da Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales (FADIP), integrada actualmente polas asociacións de Cataluña, Galicia, Madrid, País Vasco e Valencia. Á súa vez, FADIP é parte do European Illustrators Forum (EIF), que inclúe asociacións de ilustradores de toda Europa.
OS NOSOS OBXECTIVOS
- A representación e defensa dos dereitos e intereses profesionais dos membros da asociación.
- A mellora das condicións laborais, legais e de contratación dos/as profesionais da ilustración.
- Facilitar formación e información para o desenvolvemento profesional dos ilustradores.
- Acadar maior proxección e maior recoñecemento social e cultural para a ilustración.
- Traballar no crecemento da profesión a través da colaboración con outras asociacións, con órganos de goberno e institucións (tanto nacionais como internacionais) e con outros axentes da industria cultural.
OS NOSOS SERVIZOS
Atención profesional e xurídica. Orientación profesional e laboral / Servizo de asesoría xurídica / Documentación (directorios, informes, datos).
Formación e promoción. Cursos e conferencias / Revisións de portafolios / Difusión da obra dos asociados (galería web, catálogos, exposicións, representación en feiras e festivais internacionais, noticias na web e redes sociais)
Publicacións. Guía Ninja do Ilustrador / Publicacións de FADIP (Nuevo libro blanco…) / Informes.
Representación e colaboración. FADIP / European Illustrators Forum (EIF) / Representación ante as administracións e entidades de xestión (Vegap).
Descontos e ofertas. Descontos en tendas galegas de material de belas artes, papelarías e librerías / Descontos en talleres e obradoiros creativos.
XUNTA DIRECTIVA
Presidencia: Laura Romero
Vicepresidencia: Augusto Metztli (Augusto Martínez Zamudio)
Secretaría: Álvaro Sempere
Tesouraria: Laura Tova
Vogais:
María Álvarez Hortas
Iria Ribadomar
María Ruíz
Elerre (Bruno López Rodríguez)
Sergio Covelo Moreira