PROGRAMACIÓN

SÁBADO 19 DE OCTUBRE 
Escaparates ilustrados

– GIOVANNA LOPALCO (Libraría Biblos, escaparate na Av. Ramón Ferreiro)

XOVES 24 DE OCTUBRE 
Escaparates ilustrados

– GUITIÁN (Libraría Lectocosmos, Praza do Campo Castelo, 19)
 

MARTES 22 DE OCTUBRE

– Obradoiro na EASD Ramón Falcón:  “Deseño de persoaxes non normativos” por EVA AGRA.

VENRES 25 DE OCTUBRE 

O Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n, 27002 Lugo)

17:00 h.
Charla-obradoiro “O sentido do humor e a súa relación co éxito na carreira
profesional dun ilustrador” por MÓNICA RODRÍGUEZ LIMIA

18:00 h.
 Presentación Novo Caderno AGPI por AUGUSTO METZTLI

18:40 h.
 Inauguración exposición conmemorativa dos XX anos de AGPI
amenizada pola música de IRIA ESTÉVEZ en formato dúo

SÁBADO 26 DE OCTUBRE 

O Vello Cárcere

11:00 h.
Benvida a cargo de LAURA ROMERO (presidenta de AGPI) e  AUGUSTO METZTLI (Vicepresidente)

11:15 h.
Charla “E ti de cándo eres?” Modera NEVES RODRÍGUEZ.
Participan: SANTY GUTIÉRREZ e MANEL CRÁNEO. 

12:15 h.
Pausa para o café

12:45 h.
Charla-obradoiro “Podería funcionar” por LEANDRO BAREA.


Tarde:

16:00 h.
Charla-obradoiro “Debuxo e moito bla bla bla” por JULIA LAGO.
17:00 h.
Charla-obradoiro sobre collage “Crea persoaxes xogando con papel” por DIEGO ESTEBO

SÁBADO 9 DE NOVIEMBRE

O Vello Cárcere

12:00 h.
Obradoiro para nenos/as “Cal é o teu libro favorito?” por AIDA ALONSO

21 Encontro Galego de Ilustración

Un ano máis, AGPI celebra o Encontro Galego de Ilustración, un evento anual cargado de obradoiros, charlas e presentacións en torno á ilustración e todo o que rodea á nosa profesión. O ano pasado estrenamos o Encontro na cidade de Vigo e este ano facemos o mesmo en Lugo. Os actos do Encontro vanse celebrar en varias datas do 19 de outubro ao 9 de novembro en varios emprazamentos como a EASD Ramón Falcón de Lugo (Paseo dos Estudantes, 31) e principalmente en O Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n)
Este ano contamos ca presencia de bastantes socixs de AGPI como Aida AlonsoAugusto MetztliDiego EsteboEva AgraGutiánLeandro Barea, Manel Cráneo e Santy GutiérrezTamén con autoras como Giovanna Lopalco, que xa foi invitada do Encontro fai anos e Julia Lago. Tamén contamos cunha charla teórico-práctica con Mónica Rodriguez, experta en creativos e desenvolvemento personal. Tamén teremos acompañamento musical a cargo de Iria Estévez e moderando as charlas contaremos ca profesionalidade e simpatía da nosa querida Neves Rodríguez.
Como actos de AGPI, anunciamos que teremos unha exposición en conmemoración dos primeiros vinte anos de AGPI composta de obras dxs socixs que se vai expoñer en O Vello Cárcere e unha presentación do novo Caderno AGPI.
Todo isto e máis o veredes na programación do Encontro.
Ilustración de Diego Pena

Charlas

Venres 25 |17:00h.
“O sentido do humor e a súa relación co éxito na carreira profesional dun ilustrador” Por Mónica Rodríguez Limia

Mónica Rodríguez dará unhas pautas para sobrelevar as vicisitudes do oficio de ilustrador, sempre cun punto de vista positivo e realista.

Sábado 26 |11:15h.
“E ti de cándo eres?” Modera Neves Rodríguez,. Con Santy Gutiérrez e Manel Cráneo

Charla sobre os primeiros pasos de AGPI, as primeiras directivas e cómo foron estes primeiros 21 anos de asociacionismo ó termino ca cal farase unha mención ó novo socio de honra Fernando Llorente.

12:45h.
“Podería funcionar” con Leandro Barea

Breve charla obradoiro sobre marketing para ilustradores ou como vender o traballo propio nesta época con tanta oferta.

16:00h.
“Debuxo e moito bla bla bla con Julia Lago

Tips para acabar co bloqueo creativo.

17:00h.
“Crea persoaxes xogando con papel” con Diego Estebo

Creatividade a través do collage.

Participantes


Mónica Rodríguez Limia: É Especialista en #creativos: desenvolvemento persoal, profesional e empresarial. Autor, conferenciante e formador. Fundador de EC: Escola de Negocios para Creativos.
É autora de varios libros como “Un trabajo a tu medida” ou “Cómo crear y gestionar tu proyecto craft Guía de negocios para makers y artesanos”. Colabora ca plataforma Domestika con varios cursos ademáis de dar charlas e cursos de formación aportando coñecementos e consello a miles de creativos ó longo dos anos.

Giovanna Lopalco: Ilustradora nacida no sur de Italia, na cidade de Puglia, dende 2011 reside en A Coruña. Estudou animación no Centro Sperimentale di Cinematografia de Turín. Desde 2008 traballa en diferentes curtametraxes e longametraxes como animadora e ilustradora de fondos. Durante unha estadía na Maison des Auteurs en Francia, apaixonouse pola ilustración e o cómic. En 2019 estreou a súa primeira curtametraxe como directora, Season. Compaxina a súa labor como ilustradora co cine de animación.

Alberto Guitián: Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Fai ilustración para carteis, portadas, produto, libros e publicidade. Colaborador nas revistas de humor Mongolia, El Jueves, Mister K, Retranca e O Botafumeiro, tamén realiza fondos e storyboards de animación. Foi coordinador da Guía Ninja do ilustrador da AGPI. Ten publicado os volumes monográficos de BD e ilustración Fito & Pita (Retranca, 2009), Petaco (Diábolo, 2010; edición en francés en 2013),·El Circo Lorza (Dibbuks, 2011) e Solo tinta (Polaqia, 2012)

Eva Agra: Coñecida como Komorevi en redes, no 2015 fundou xunto a outras compañeiras do eido artístico e cultural 7H Cooperativa Cultural, unha empresa de economía social onde medrou como profesional e desenvolveu ao longo deses 8 a súa actual filosofía de traballo: un forte compromiso coa comunidade, a igualdade e a responsabilidade social mediante o uso da expresión artística.
A súa obra pode verse en numerosas paredes por toda Galicia.

Santy Gutiérrez: Nacido en Vigo, estudou en Santiago e reside na Coruña. Con máis de vinte e cinco anos de experiencia profesional, ten feito ilustracións para libros e carteis, humor gráfico, caricaturas, publicidade, banda deseñada e deseño téxtil, e tamén se ten dedicado ao ensino de debuxo. É membro fundador do coruñés Estudio Baobab e foi directivo da AGPI durante 11 anos. Nos EE. UU. está representado pola axencia Astound.

Manel Cráneo: Como autor de cómic e ilustrador, ten colaborado en numerosas publicacións e volumes colectivos. Como ilustrador ten traballado para editoras como Richmond Publishing, Usborne, Santillana, Galaxia, Xerais, Porto Editora, Edelvives ou Everest, e para produtoras como Continental, Portozás Visión e Mondotropo. Publica a sección «Planeta Mincha» no suplemento semanal de pasatempos Elemental (La Voz de Galicia). Foi presidente de AGPI e vicepresidente de FADIP.

Neves Rodríguez: Actriz e presentadora, ten participado en diversas series de televisión e en obras de teatro como Invisibles (Redrum Teatro, 2018). Obtivo o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora en 2018 polo seu traballo no programa Vaia troula!
Entre 2014 e 2018 conduciu o programa radiofónico Metrópoles delirantes, dedicado á banda deseñada.

Julia Lago: Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, cun mestrado en Ilustración e Deseño pola Politécnica de Valencia. Combina a produción propia con encargos de clientes grandes e pequenos. Traballou para entidades como EDP, Universidade de Vigo, Cormorán Cinema ou Banco Editorial, e actualmente forma parte do espazo creativo Grelería (O Incio, Lugo)

Leandro Barea: Autor lucense que desenvolveu estudos de deseño gráfico e ilustración e que realizou todo tipo de obras: muralismo, ilustración editorial, publicidade, fanzinismo, humor gráfico, pezas urbanas e fotografía.
A súa ampla traxectoria como debuxante vincúlao sobre todo a publicacións galegas, como Golfiño, Retranca e outras publicacións. Tamén foi colaborador de El Jueves.

Diego Estebo: Compaxina a actividade de deseñador gráfico coa de ilustrador. Colaborou co Seminario de Jazz de Pontevedra, e con diversos grupos como Higuer Club, La Llave ou a produtora Audrey Junior. Dende 2005 amosou as súas obras en varias exposicións colectivas e individuais.
Colabora con editoriais como Xerais, Aristas Martínez, Pow! Kids Books, Xordica ou Galaxia, entre outras.

Aida Alonso: Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Especializada no collage e no uso creativo dos papeis no eido da ilustración, realiza proxectos persoais de ilustración e traballo para distintos tipos de clientes (particulares, funcionarios, empresas ou organismos) e colabora noutros proxectos creativos (no ámbito da animación e o landart).
Foi a autora do cartel do XXI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (2021)

Augusto Metztli: Pintor e ilustrador mexicano residente en Vilagarcía (Pontevedra) Aparte da súa carreira pictórica, sacou a súa web Boreal ca que realiza os seus proxectos de ilustración, tanto persoais como colectivos ademáis de formar parte doutros proxectos creativos.
Actualmente é vicepresidente de AGPI.

Iria Estévez: Cantante galega de música de fado e raíces. Cunha formación vocal principalmente autodidacta, ten un Máster en Artes Escénicas e Maxisterio tamén formación en danzas orientais. Conta cunha ampla traxectoria, tanto como intérprete como creadora de múltiples proxectos, destacando Clave de Fado ou Arifi (gañadores de Burgos, Raíz e Evolución, 2017) e agora Fado Nordés.


Coordinación: Augusto Metztli e Bruno Elerre.
Redes sociais: Lara Ingelmo.
Equipo técnicoLaura Romero e Rebeca Varela.
Deseño gráfico: Alba Pérez e Iago Araujo.
Ilustración do cartel: Diego Pena.