Fauna

Descrición do proxecto:

‘Fauna’ comezou como un proxecto proposto por Jacobo Fernández para crear un fanzine pequechiño no ciclo de Ilustración da EASD Antonio Faílde. A miña idea foi crear diferentes escenas propias do ocio nocturno, dentro da tradición das fábulas clásicas ou, como se chaman agora, dos furros. Busquei un estilo sinxelo e unha alternancia de cores entre maxenta e azul (con algúns engadidos discordantes para destacar algúns elementos).

A cousa saíu ben, con boa nota e quedou moi riquiña. Pero eu quería máis. Así que redebuxei algunhas ilustracións, correxín algúns tons para que funcionasen mellor os contrastes e PAM! Segunda versión para imprimir e vender no Autobán 2025 da Coruña nun stand moi currado.


Autor: Jorge Pereira Vila
Categorías: + 18 , Deseño de personaxes , Humor Gráfico , Lettering , Libro ilustrado ,


Compartir