PROGRAMACIÓN

LUNS 6 DE OUTUBRO

Escaparates ilustrados

NURIA FIGUEIREDO (Libraría Seijas)

MÉRCORES 8 DE OUTUBRO 

Escaparates ilustrados

ELI GARCÍA (Libraría D-Lectum)
 

VENRES 10 DE OUTUBRO

Facultade de Belas Artes

16:30 h

Faladoiro : “Estudié ilustración ¿Y ahora qué?” Por Ío Bru (Ilustrando Dudas)

17:30 h.
Revisión XPRESS de PortfoliosÍo Bru. Requírese inscrición previa no siguiente formulario: https://forms.gle/p7QJwBYzVpJfdxb77

20:00 h.
Inauguración Expo XX anos de AGPI

Presentación por Laura Romero

Música en directo Zeltia Irevire, Solo Acústico

SÁBADO 11 DE OUTUBRO 

Museo de Pontevedra

10:30 h.
Benvida a cargo de LAURA ROMERO (presidenta de AGPI)


11:00 h.
Obradoiro “Mal, mal, fatal” impartido por Berto Fojo (Sala de Cerámica do Edificio Sarmiento) Requírese inscrición previa no siguiente formulario:

https://forms.gle/138oyQv7BnEV9Kkw5


12:00 h.
Pausa para o café


12:30 h.
Faladoiro “Pasión, profesión y muchos monstruos.” Las claves de tu transformación creativa y profesional para una carrera de ilustración estratégica y potente. por Ío Bru (Ilustrando Dudas) (Salón de Actos do Edificio Castelao)


16:30 h.
Mesa redonda “Máis alá do papel: ilustrar a todo terreo” con Abi Castillo, Natalia Umpiérrez e Lili Algo, moderado por Laura Caneira (Salón de Actos do Edificio Castelao)

17:45 h.
 Obradoiro “Ilustración con bolígrafo: iniciación y técnica” impartido por Belén Diz Juncal (Sala de Cerámica do Edificio Sarmiento) Requírese inscrición previa no siguiente formulario:      

https://forms.gle/3iGZQ3pYgYZhWhWH7

SÁBADO 18 DE NOVEMBRO

Libraría Seijas
17:00 h.
 Obradoiro para infancias (de 5 a 9 anos) “Cómics voladores” impartido por Gastón Caba. Requírese inscrición previa no siguiente formulario

https://forms.gle/Lkk37SLKHVawSJkt5

22 Encontro Galego de Ilustración

Un ano máis, AGPI celebra o Encontro Galego de Ilustración, a cita anual que reúne profesionais, estudantes e amantes da ilustración nun espazo de aprendizaxe, inspiración e celebración da nosa disciplina. Este ano, o Encontro trasládase á cidade de Pontevedra, onde entre o 6 e o 18 de outubro desenvolveranse actividades en diversos emprazamentos como a Facultade de Belas Artes, o Museo de Pontevedra e, tamén, librarías da cidade.

A programación arranca cunha proposta visual nas rúas. Os escaparates das librarías Seijas e D-Lectum serán intervenidos por Nuria Figueiredo e Eli García, respectivamente, convertendo o comercio local nunha galería ilustrada aberta á cidadanía.

O venres 10 de outubro, na Facultade de Belas Artes, contaremos coa presenza de Ío Bru (Ilustrando Dudas), que ofrecerá o faladoiro “Estudié ilustración ¿Y ahora qué?” seguido dunha revisión XPRESS de portfolios. Ese mesmo día inaugurarase a exposición conmemorativa dos XX anos de AGPI, presentada por Laura Romero, e amenizada coa música en directo de Zeltia Irevire en formato acústico.

O sábado 11 será unha xornada intensa no Museo de Pontevedra. Comezará coa benvida da presidenta de AGPI, Laura Romero, e continuará cun obradoiro a cargo de Berto Fojo, seguido dun faladoiro transformador sobre a carreira creativa con Ío Bru. Pola tarde, teremos unha mesa redonda sobre ilustración multidisciplinar con Abi Castillo, Natalia Umpiérrez e Lili Algo, moderada por Laura Caneira, e un obradoiro técnico sobre ilustración con bolígrafo impartido por Belén Diz Juncal.

Para pechar o Encontro, o sábado 18 de outubro, a Libraría Seijas acollerá un obradoiro infantil de cómic para nenas e nenos de 5 a 9 anos, guiado por Gastón Caba, que promete ser unha experiencia divertida e creativa para os máis pequenos.

Todo isto forma parte da programación do 22º Encontro Galego de Ilustración. Unha oportunidade única para compartir, aprender e celebrar a ilustración en comunidade.

Ilustración de Minia Regos

Charlas e obradoiros

Venres 10 |16:30h.
“Estudié ilustración ¿Y ahora qué?” Por Ío Bru (Ilustrando Dudas)

Descobre cales son os seguintes pasos a dar tras estudar, para profesionalizarte e ter éxito dedicándote á ilustración.

Venres 10 |17:30h.
Revisión XPRESS de PortfoliosÍo Bru

Requírese inscrición previa no siguiente formulario: https://forms.gle/p7QJwBYzVpJfdxb77

Ensina o que fas para recibir feedback e consellos sobre como traballar a túa voz artística e enfocar o teu traballo para crear un bo portfolio profesional de ilustración

Sábado 11 |10:30h.
“Mal, mal, fatal” impartido por Berto Fojo (Sala de Cerámica do Edificio Sarmiento)

A través dunha serie de experimentos demostrarei que sabedes debuxar moito mellor do que credes.

Requírese inscrición previa no siguiente formulario: https://forms.gle/138oyQv7BnEV9Kkw5

Sábado 11 |12:30h.
“Pasión, profesión y muchos monstruos.” Las claves de tu transformación creativa y profesional para una carrera de ilustración estratégica y potente. por Ío Bru (Ilustrando Dudas) (Salón de Actos do Edificio Castelao)

Regras básicas para entender como desenvolver e avanzar na profesión da ilustración para levar a túa carreira ao seguinte nivel, esteas no punto que esteas

Sábado 11 |16:30h.
“Máis alá do papel: ilustrar a todo terreo” con Abi Castillo, Natalia Umpiérrez e Lili Algo, moderado por Laura Caneira (Salón de Actos do Edificio Castelao)

Sábado 11 |17:45h.

“Ilustración con bolígrafo: iniciación y técnica” impartido por Belén Diz Juncal (Sala de Cerámica do Edificio Sarmiento)

Descubre o retrato a bolígrafo: un obradoiro práctico onde xogaremos coa fluidez e a expresividade do trazo para crear ilustracións únicas a través das tramas básicas.

Requírese inscrición previa no siguiente formulario:  https://forms.gle/3iGZQ3pYgYZhWhWH7

Sábado 18 | 17:00 h.
 Obradoiro para infancias (de 5 a 9 anos) “Cómics voladores” impartido por Gastón Caba.

Vamos a aprender a contar historias dibujando en viñetas.

Requírese inscrición previa no siguiente formulario https://forms.gle/Lkk37SLKHVawSJkt5


Abi Castillo: é ilustradora e ceramista viguesa. Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, formouse en cerámica na EMAO, onde tamén estuda xoiería. A través da cerámica crea personaxes con volume e personalidade, nun universo fantástico e romántico que lembra a un xardín íntimo. As súas obras mesturan humor e drama, xogando coa ambigüidade emocional e cun toque de misticismo e beleza monstruosa. Expuxo en Justmad, Hybrid Art Fair, O! Galería, Crackids Lisboa e colaborou con Zara no proxecto Women in Art. Participou nas bienais de Aveiro e Talavera, e expuxo en Los Ángeles e Chicago

Belén Diz: Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e posteriormente titulada no Máster de Álbum Ilustrado e Animación Audiovisual na mesma universidade. Artista multidisciplinar, adícase a consumir bolígrafos, raiando nun papel infinidade de realidades que pretenden completala súa propia.

As súas obras falan da intimidade, da memoria e da beleza do instante como ese momento finito e irrepetible; do corpo e o fogar; da dualidade que convive nese espazo que nos fai sentir seguros e que, simultáneamente, obríganos a cuestionar un contexto que nos oprime. Baixo unha aura de ensoñación inquieta, as tramas que conforman as súas ilustracións desconxelan e desafían a realidade, oscilando entre o auténtico e o imaxinario.

Berto Fojo: Artista, músico e docente oriundo de Poio. Nos últimos anos vén compaxinando a súa faceta como artista gráfico coa docencia de deseño gráfico na EASD Antonio Faílde de Ourense. Como ilustrador son frecuentes as súas colaboracións no eido musical (Za!, Los Punsetes, Sonido Muchacho, Canelaparty, Pablo Prisma, Magia Bruta, L’Hereu Escampa…), no eido editorial e de prensa (DIE ZEIT, Bloomberg, El País, El Comidista, Luzes, Valley Cruise Press…) ou no eido da moda (Noisy May, Don’t Hug Me I’m Scared, Cozmine, III VIVINIKO…). É membro activo do Liceo Mutante e unha vez foi dentro de Roelio, a mascota do Pontevedra.

Eli García: é ilustradora e autora de cómic, nada en Donostia en 1983. Formouse na EASD Antonio Faílde de Ourense e na escola O Garaxe Hermético de Pontevedra. Desde 2018 traballa profesionalmente na ilustración, combinando proxectos científicos con obras editoriais e de banda deseñada. En 2019 obtivo o 3º premio no VII Certame Divina Pastora de Novela Gráfica Social coa obra “Nuestro hogar”. Participou en proxectos colectivos como “A Illa de San Simón”, “Florencio” ou “221BD”. Ilustrou títulos como “A nena do pixama estrelado” ou “Daniel no peirao”. “El gran Aviario” é a súa primeira obra en solitario.

Gastón Caba: é un ilustrador, autor e profesor arxentino, afincado en Vilagarcía de Arousa. O seu traballo céntrase en personaxes divertidos, estrafalarios e caprichosos. O seu primeiro libro «Churro, el conejo» foi galardoado como mellor cómic infantil por ALIJA IBBY Arxentina 2016.

Ío Bru: Mentora, escritora, ilustradora e investigadora interdisciplinar. Exploradora, viaxeira e naveganta. Fundadora de Ilustrando Dudas, plataforma de orientación profesional que leva máis dunha década empoderando a ilustradores noveis e profesionais para que poidan facer da súa paixón, unha carreira sostible e de éxito.

Laura Caneira: (1993, Caracas – Venezuela). Ilustradora polo amor aos libros. A través dunha mirada íntima explora a natureza que a rodea e a súa relación coas persoas, traducindo isto nunha liña quebrada que contrasta coas masas de cor. Encántalle xogar coa composición, as texturas e a tipografía. As súas ilustracións esténdense a portadas, identidades gráficas e murais. Imparte obradoiros sobre artes gráficas e o libro como obxecto para crianzas e adultos. 

Lili Algo:  (Vigo, 2000). Algo é un mote que ven do seu apelido Lago desordenado. Graduada en Belas Artes, especialiceime en ilustración, cómic e cerámica.

A cerámica é o seu medio principal, mais gústalle explorar diferentes disciplinas para dar vida ao seu universo visual, que mestura o colorido e o cuqui cun toque irónico e canalla. As súas pezas nacen do seu caderno e convértense en obxectos e persoaxes que transforman o cotián nun refuxio cheo de fantasía.

Natalia Umpiérrez: Artista visual e deseñadora gráfica, licenciada en Belas Artes e especializada en Libro Ilustrado e Animación Tradicional. A súa obra transita entre o deseño, a ilustración, a cerámica e a animación, combinando o matérico co editorial. Vinculada á autoedición, coorganizou GRAPA GRAPA no Liceo Mutante xunto a Berto Fojo. Traballou con editoriais como Blackie Books ou Paripé Books, e colaborou con O Papagaio. Deseña carteis e publicacións para entidades como o Museo de Cerámica de Valencia ou o FICBUEU, e artistas como Aries. Participou en filmes como Unicorn Wars e Decorado. En 2018 recibiu a bolsa Novos Valores da Deputación de Pontevedra e a Mención de Honra na XIV Bienal Internacional de Cerámica Artística de Aveiro.

Nuria Figueiredo: Ourense, 1986. Se licenció en Bellas Artes por la Universidad del País Vasco y estudió Cerámica Artística en la Escuela Municipal de Artes y Oficios de Vigo. Actualmente tiene su propio taller de cerámica en Pontevedra, Casa Chamota, en el que imparte clases; también forma parte de la Comisión de Artes Plásticas del Liceo Mutante. Entre 2011 y 2013 codirigió A Fabriquería (Tui), un espacio multidisciplinar donde organiza conciertos, exposiciones y talleres. De 2014 a 2018, formó parte de Estudio Pacheco, en Pontevedra. Fue seleccionada en dos ediciones en la Bienal Internacional de Cerámica de Aveiro y, en 2020, ganó el concurso Novos Valores de Pontevedra. Además de ceramista e ilustradora es madre de dos niños

Zeltia Irevire: é unha artista galega natural de Loira (O Morrazo). É cantante, multiinstrumentista e compositora. O seu estilo cantautor inspirado na
historia da súa terra, leva a súa música a profundizar na ferida da ialma.
Cunha potente voz chea de sensibilidade, achéganos o seu estilo de Folk Tribal, xogando coa construción de armonías vocais e melodías que se achegan ao folk-pop nativo de estética mística. En definitiva, Zeltia Irevire é unha mistura ecléctica
que combina elementos de diferentes xéneros musicais, poéticos e estéticos,
creando unha atmósfera distinta e persoal.


Coordinación: Chus Rojo.
Redes sociais: Lara Ingelmo, Augusto Metztli e Paula Mayor.
Equipo técnico: Clara Cerviño, Diego Estebo e Bruno elerre.
Deseño gráfico: Rebeca Varela.
Apoio loxístico: Eva Agra, Laura Caneira e Aarón Moucho
Ilustración do cartel: Minia Regos.