Descrición do proxecto:
Números é un libro para nenos e nenas de 0 a 6 anos que ofrece unha aproximación lúdica ao mundo dos números a través da estimulación dos sentidos do tacto e da vista.
As ilustracións representan cada número e ese mesmo número aparece tamén expresado mediante buratos colocados en puntos estratéxicos das imaxes, co fin de facilitar unha exploración lúdica e táctil por parte da infancia.
Este libro recibiu unha Mención Especial na categoría Toddler dos prestixiosos Bologna Ragazzi Awards 2025.
Concibido por Cibrán Rico e Suso Vázquez e publicado por Fabulatorio, Números fomenta unha experiencia de lectura compartida no ámbito familiar e promove diversas interaccións que inspiran a imaxinación dos nenos e nenas, xa sexa contando cos dedos os buratos do papel, pasando as páxinas ou despregándoas para crear un espazo de xogo e sorpresa.
Números introduce a creatividade e os mundos infinitos agochados nas cifras, axudando á infancia a aprender primeiro a contar as follas dun trevo e, máis adiante, a aspirar a contar as estrelas e o imposible.
Autor: alvarovalino
Categorías: Infantil/Xuvenil , Libro ilustrado ,





