Premios Mestre Mateo 2005

Por Manel Cráneo.
A Coruña, 20 de marzo de 2006

Onte pola noite a TVG retransmitiu a gala dos premios Mestre Mateo de producción audiovisual 2005.

Entre eles, catro socios de AGPI nominados, Ignacio Benedeti por unha curtametraxe de acción real realizada pola súa propia productora,David Rubín pola curtametraxe de animación que dirixiu para Dygra Films, e Alberto García Ariza e Víctor Rivas, á mellor producción multimedia por ter colaborado no xogo interactivo “O Mando Manda”.

O noso amigo e socio David Rubín conseguiu acadar o premio na categoría de mellor curtametraxe de animación, saíndo ao estrado con o nerviosismo da “primeira vez”, é lóxico, entre os asistentes estaba toda a crema do audiovisual e a política galega.

O xogo “O Mando Manda” tamén acadou o premio ao que optaba.

Noraboa aos premiados por ter acadado o premio e tamén a Ignacio por estar entre os nominados un ano máis. Non son os únicos socios que participaron destes premios xa que outros membros desta asociación participaron tamen na producción de “O soño dunha noite de San Xoan”, que levou tamen varios premios.

Entre o resto dos premiados tamén estaba un amigo de toda a vida e gran profesional do cine, Carlos Amil, que recolleu merecidamente un dos galardons honoríficos pola súa antiga empresa IMAXE que dirixía xunto a Xavier Villaverde e foi pioneira na produción audiovisual galega.

Outros premios tamén merecidos foron para Jorge Coira, Yolanda Castaño e Fernando Fernán Gómez entre outros.

A meirande parte dos premiados parecéronme predecibles e de novo quedoume a impresión de que a produción audiovisual galega segue sen chegar a ter ese volume necesario de traballos que permitan celebrar unha gala tan ostentosa como esta.
Déronse casos un ano máis de que unha película de animación como “O soño dunha noite de San Xoan” teña que competir na mesma categoría que o resto das longametraxes porque non hai máis produccións de animación, ou que series de televisión compitan na mesma categoría que as longametraxes.

Sobre o acto en sí, polo xeral as intervencións de actores de cine en estas galas son moi forzadas, ao contrario que no plató, neste tipo de emisión non poden repetir as tomas, e a todo isto hai que sumarlle a tensión dunha afluencia de público importante que fan que os comentarios parezan irreais e insípidos. Aínda asi, houbo algúns momentos acertados como a intervención musical de Lino Braxe e a conducción do acto que fixo Luis Piedrahita co seu estilo habitual de monologuista.

Como conclusión final quédome con que o premio que levou David Rubín sexa tan só o anticipo dun novo premio máis importante no futuro pola nova película que está dirixindo, pasiño a pasiño faise o camiño.

Compartir