O Ministerio de Cultura concedeu hoxe os Premios ás Mellores Ilustracións de Libros Infantís e Xuvenís editados durante o ano 2006. O Primeiro Premio, dotado con 12.020 euros correspondeu a Elisa Arguilé, polas ilustracións do libro Mi familia, de Daniel Nesquens, publicado por Grupo Anaya. O Segundo Premio, dotado con 6.010 euros, foi concedido a Ricardo Blanco (Riki Blanco), polas ilustracións do libro Cuentos pulga do propio Ricardo Blanco e publicado por Thule Edicións.
O Xurado, que valorou 97 obras, estivo presidido polo director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, Rogelio Branco, e composto pola subdirectora xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, Mónica Fernández, como vicepresidenta; Gerardo Trives Pire, Juan Carlos Ortin Estrada e Merixtell Martínez Durán, propostos polas asociacións profesionais de ilustradores de Madrid, Valencia e Cataluña, respectivamente; Elena Odriozola Belastegui, Javier Ángel Zabala Herrero (Javier Zabala), Isidro Ferrer Soria, personalidades relacionadas coa creación, promoción ou difusión do libro infantil e xuvenil; Isabel Ruiz de Elvira, conselleira técnica da Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas e Teresa Atienza, que actuou como secretaria.
As obras premiadas expoñeranse nas feiras Internacionais de Libros máis importantes como OLIVER, Francfort e outras.