Preséntase o novo de Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López

Hoxe, 21 de novembro, preséntase Trece noites, trece lúas – Libro das marabillas do Nadal, con textos de Antonio Reigosa e ilustracións da nosa socia Noemí López. O volume é, de acordo cos editores, «unha viaxe polo tempo mítico que vai desde o 25 de decembro ata o 6 de xaneiro».

O acto será na Galería Sargadelos de Lugo (praza de San Domingo 4, 27001 Lugo), ás 20:00 h, e contará coa participación de Antonio Reigosa, Noemí López e mais o editor Manuel Bragado.

Compartir