Hoxe,
día 8 marzo, co gallo do Día da Muller, o noso socio Leandro presenta na libraría Trama (avenida
da Coruña 21, 27003 Lugo), ás 19:15 h, unha serie de pósters
con caricaturas de escritoras internacionais (tales como Patricia
Highsmith ou Virginia Woolf).
O formato dos pósters é o A3, e poden
ser adquiridos na propia libraría. No acto de presentación, quen
merque algún exemplar poderá levalo asinado polo seu autor.