Miki expón novamente en Vigo

O noso socio Miki inaugura hoxe, día 5, ás 20:30 h, unha exposición da súa obra na Vinoteca Tío Chan (rúa República Arxentina 6, 36201 Vigo).

No acto de inauguración, Miki fará unha ilustración dixital en directo, acompañado do violinista Héctor Varela. A ilustración será sorteada entre o público, e a persoa gañadora recibiraa uns días despois impresa en tamaño grande, sobre taboleiro.

Compartir