Chega ás librarías ‘Tac, tac, tac, plof’

A editorial Narval edita o álbum ilustrado Tac, tac, tac, plof, da nosa socia Minia Regos, con texto de Pepe Monteserín. Un traballo en que a autora foi, segundo as súas palabras, «atrapando as partículas lumínicas da noite co lapiseiro». O libro sae á rúa a coincidir coa Feira do Libro de Madrid. Poden verse algunhas das ilustracións interiores no blog de Minia.

Compartir