Taller de novela gráfica impartido por Guitián

Entre outubro e decembro (as aulas comezan o próximo día 7), o noso socio Alberto Guitián imparte un Taller de novela gráfica en Monty 4 (rúa Montroig 4, 15001 A Coruña). O taller ten un prezo de 60 euros ao mes, decorrerá os martes de 19:00 a 21:00 h e está dirixido a alumnos de máis de 16 anos. Para participar non é imprescindible saber debuxar.

Os obxectivos son afondar nos recursos e a linguaxe do medio, aprender a contar graficamente historias, reflexións e experiencias, desenvolver ideas propias a través do guión, a planificación, o estilo e o formato, buscar a voz propia como autor de cómic e elaborar unha autopublicación.

Compartir