Encontro Galego de Ilustración
Desde 2004 AGPI organiza este encontro en Santiago de Compostela o último sábado de outubro. Esta cita anual —de referencia para os profesionais do sector en Galicia— acolle charlas de destacados profesionais da ilustración (abertas a todo o público), un xantar para os socios e a asemblea xeral anual de AGPI.

Feiras internacionais
AGPI representa a Galicia nas feiras internacionais do libro de Boloña, Frankfurt e Guadalajara, difundindo as obras dos seus socios, establecendo contactos con editoriais e realizando actividades lúdicas co fin de atraer o maior público posible.
Agpi no Festival Viñetas
Dentro da feira do cómic do Festival Viñetas desde o Atlántico da Coruña, AGPI conta cun posto onde podes informarte das nosas actividades, atopar as nosas publicacións e catálogos ou mercar obra dos nosos socios.
Día da Ilustración
En colaboración coa Xunta de Galicia desenvolvemos o Día da Ilustración, que ten lugar o 30 de xaneiro, aniversario do nacemento de Castelao. Nesta data recuperase a figura dun ilustrador galego histórico para darlle difusión ao seu traballo.
Ilustranoites
Micropresentacións de ilustración en bares ou espazos culturais, onde os creadores presentan os seus proxectos nun ambiente cordial e desenfadado.
Debate sobre o Estado da Ilustración (DEI)
AGPI vén organizando o DEI en diversas cidades de Galicia. Nel socios e convidados debaten sobre o presente e o futuro da ilustración: os retos, as problemáticas, as novas tendencias etc.
Revisión de portafolios
En eventos como o Viñetas ou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, AGPI ofreceu sesións gratuítas de revisión de portafolios, nas que profesionais acreditados asesoran a estudantes e ilustradores noveis.
Obradoiros e talleres
Photoshop, pintura dixital, entintado tradicional e dixital, márketing e redes sociais… son algúns dos talleres que temos ofrecido a socios e non socios a prezos accesibles.