categoria: Packaging

Candela Piñeiro
Son Candela Piñeiro, ilustradora e deseñadora. Vivo en Santiago de Compostela. Gústame debuxar a man, con lapis e rotulador, pero tamén gozo creando con ferramentas dixitais.
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e cun máster en deseño en Elisava, Escola Universitaria de Deseño de Barcelona.
Nestes últimos anos realicei traballos de ilustración editorial e comercial, deseño gráfico e de produto. Estiven á fronte de ' miteta', un proxecto comercial de ilustración e deseño con tenda física e online. E impartín clases e talleres de debuxo e ilustración.