
Cartel do DI 2025 obra de Luís Sendón
O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo coa data do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano homenaxéase un ilustrador galego. Esta edición de 2025 vai dedicada a Xosé Vizoso, que é o primeiro autor homenaxeado en vida.
O Día da Ilustración é un proxecto colaborativo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).