DÁMOSCHE A BENVIDA!

 VAMOS COMEZAR

Estás nas redes sociais?

Queremos seguirte desde AGPI e compartir as túas novas.

Móstrate ao mundo!

Cun autorretrato, unha breve biografía e unha ligazón á túa web ou portafolio faremos oficial a túa entrada na AGPI.

Envíanos esta información a

[email protected]

 FERRAMENTAS DA AGPI

1. Páxina web

En agpi.es podes consultar noticias, actualizar a túa galería, descargar publicacións etc. Ademais, estamos traballando na renovación da web para ofrecer un mellor servizo aos nosos asociados. Tamén podes encontrar consultar o listado de tendas nas que podes obter un desconto por ser socio da AGPI.

2. Grupo de correo xeral

A través do grupo podedes consultar dúbidas profesionais, compartir noticias e crear debates relacionados coa profesión.

3. Asemblea xeral

Unha vez ao ano os socios son convocados a unha asemblea xeral, que coincide co Encontro anual de ilustración e o Xantar de confraternización. Aquí resolvemos conflitos, facemos un resumo do labor da xunta directiva, presentamos futuros proxectos e renovamos a directiva. Calquera pode presentarse como vogal para botar unha man, e tamén se pode colaborar externamente en proxectos e actividades puntuais.

4 .Redes sociais da AGPI

 COMUNÍCATE COA XUNTA DIRECTIVA

Difusión de eventos e noticias

Se queres que difundamos algo relacionado co mundo da ilustración envía un e-mail á secretaría técnica [email protected] con toda a información e algunha imaxe ou enlace para acompañar.

Asesoría xurídica e fiscal/laboral

Tamén en [email protected] podes consultar dúbidas sobre temas legais e fiscais, pero sempre recomendamos a lectura previa dos libros de referencia. Dispoñemos de profesionais que nos asesoran cando no temos información relevante para o teu caso.

Problemas coa web

Se esqueciches o teu contrasinal para a zona de socios ou tes problemas coa web contacta a través de [email protected]

 LIBROS DE CABECEIRA

Se tes algunha dúbida respecto a cuestións fiscais, legais, contratos etc., antes de preguntar no grupo de correo ou na secretaría consulta estes documentos.

Guía Ninja do Ilustrador
Pensada especialmente para profesionais noveis, pero non só.

Libro Blanco de la Ilustración
Manual práctico para profesionais da ilustración.

 USO DA LISTA DE CORREO

O grupo de correo é un Google Groups e desde el podes consultar o historial de correos por se unha dúbida que teñas xa foi formulada. Entra en Mis grupos e aí aparecerá o grupo de AGPI.

Para iniciar un tema ou unha consulta só tes que enviar un correo a [email protected] e utilizar un asunto claro e conciso.

Non crees fíos duplicados sobre un tema porque iso crea información redundante e dificulta as buscas por temas.